Conciencia fiscal
Sen sanidade e ensino público, sen pensións, sen seguro por desemprego e incapacidades temporais, e eliminando os servizos de dependencia, os impostos e cotizacións sociais serían moitísimo máis baixos que na actualidade. Máis ou menos como no franquismo.
Certo que hai exemplos de países nos que cada un amaña o seu. Poñamos o caso de Estados Unidos. O acceso a unha boa universidade é quimera para moitas familias con rendas por baixo da media, unha enfermidade grave pode arruinar a quen non teña contratado previamente un caro seguro, que cada un achante cos seus........
