menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Sobranceiras e sacras penedas que asoman na paisaxe galega

5 0
previous day

Penas de Rodas, Outeiro de Rei

En todas as culturas son respectadas, admiradas e mesmo se lle outorga divindades ás grandes formacións pétreas que asoman na natureza. Penedas erguidas, ídolos, arredor das que se fai festa, busca acubillo, dende as que ver, onde acoller adegas ou pastorear. Consideradas sacras, coas que se asocian divindades, igual que cos pontiagudos montes, faros, altares ao fin e ao cabo, achegados ao sobrenatural. Resultado do movemento da codia terrestre, luídas ou rachadas pola erosión, a chuvia, o vento, os raios... collendo formas estrañas, nas que, co devalar da luz do día se queren ver monstros e que no horizonte compiten coas nubes.

Quedámonos pois aquí con algúns dos singulares rochedos de Galiza, coas súas formas, mitos e ritos. Sabendo, a un tempo, daquelas de sona que caracterizan os países célticos, como en Gales, a patria de Merlín, conxuntos que se asocian coas súas trasnadas e meiguerías; no Atlántico irlandés a illa-rochedo, o mosteiro de Skellig Michael, en diálogo co océano dos atlantes como os farallóns do Land´s End da irmán Cornubia... o labirinto pétreo de Perros-Guirec na Bretaña, as rosadas Calanques de Piana, en Córcega, nos Alpes italianos os Dolomitas de Belluno... na Occitania gala o rochedo acastelado de Monségur, como nos Picos de Europa o Picu Urriellu, en Portugal a Penha de Guimâres, ou San Juan de la Peña en Huesca, Monserrat. Algúns deles asociados co acocho de reliquias, como o demandado Santo Grial, base do Sangue Real. Entre outros, o Torcal de Antequera, a Cidade Encantada de Cuenca, o estremeño berrocal de Trujillo, os bolos da Pedriza no Guadarrama; chamativas formas sobre as que, por algo nos empeñamos en poñer a cruz, cima dun calvario, dunha ascese. E tantas neste planeta con cortiza formada de silicatos, moi variadas rochas e augas.

Pedra Filga, Caldas de Reis / Felipe Senén

Pedra, parte da identidade galega, como das irmáns nacións celtas, materia prima da súa cultura. De pedra é a súa osamenta, o chan, a casa, o altar, o cetro, a sepultura... Onde tampouco falta a teoría de que o topónimo de kallaecia teña que ver con coios, callos, kallaicoi como habitantes entre pedras. Dis que tamén con canle aberta na........

© La Opinión A Coruña