menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Palabras envoltas en terra

23 0
20.05.2026

O PASADO mes de abril acadou o Premio Nacional da Crítica ao mellor poemario en galego, o que non fai máis que confirmar as posibilidades da poesía de Lorena Souto que con ‘Enxuvia e saliva’, editado por Chan da Pólvora, sobe un chanzo no seu facer poético, que xa fora recoñecido en 2012 co Premio Xosé María Pérez Parallé polo seu libro ‘Fase de trema’. Unha evolución que escintila neste poemario cheo de intelixencia e, sobre todo, capaz dende un fecundo hábitat de metáforas, de construír todo un universo que se mergulla nos procesos de muda ou de cambio, que se representan dende esa exuvia que certas especies de insectos e réptiles deixan polo chan ao desprenderse, dentro dun mecanismo de crecemento, da cuberta que protexía o seu corpo.
Dende esa poderosa imaxe, xunto coa organicidade da saliva, lubricante da palabra e da alimentación, Lorena Souto xera todo un itinerario poético que hibrida o cambio individual, ese proceso que todos vivimos de experimentación, crecemento e aprendizaxe, co comunitario........

© Galiciaé