menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Obra plástica de Francisco Miguel

34 0
04.03.2026

OTEMPO non foi excesivamente xeneroso coa figura de Francisco Miguel, o pintor asasinado pola barbarie guerracivilista dos sublevados contra a legalidade e que deixaron os seus restos nunha foxa común, no cemiterio de Bértoa en Carballo. Alí quedaron esquecidos os seus ósos e a súa dignidade ata que o 21 de setembro de 2023, grazas ao traballo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, recuperáronse eses restos xunto cos de tres asasinados máis polo fascismo o 28 de setembro de 1936. Mais tamén a súa obra non tivo ao longo do tempo o recoñecemento polo interese que ten como definidora dunha plástica de vangarda que, especialmente, na contorna da Coruña, tivo un forte impacto, abrindo vías de imaxinación de carácter metafísico e surrealista que tanta importancia tiveron en autores como Urbano Lugrís e cuxa obra se podería comezar a explicar a partir deste facer máis descoñecido.

O seu traballo quedou daquela esquecido, sen análises artísticas, sen publicacións sobre unhas obras que desenvolveu entre A Coruña e a súa estadía en México, entre 1926 e 1933, e que se limita dende o creativo,........

© Galiciaé