menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O mar tamén é noso

14 0
09.06.2026

A PALABRA E imaxe enguedéllanse no percorrido que podemos facer na planta baixa da Casa das Artes de Vigo, na proposta da artista Alicia Framis coa sempre eficaz curadoría de Paula Cabaleiro. Ambas traballan nunha intelixente e suxerente revisión dese concepto da espera, da garda das mulleres no fogar ante a ausencia do home tanto do mar, como de calquera outro traballo ou mesmo da guerra. A muller sempre en situación de espera, unha espera infinita.

É unha poética feminista obrigada hoxe dende unha nova sensibilidade social —que aínda así semella de novo verse ameazada por certas políticas reaccionarias— na recuperación dun tempo que a sociedade fixo perder á metade da súa poboación, é dicir, as mulleres, sempre menosprezadas nun papel subalterno fronte ao home ao longo dos séculos e que agora nun momento no que a súa mirada e a súa sensibilidade se precisa para superar esa eiva, converte este espazo vigués, a poucos metros do océano e dun porto que marcou e aínda o fai en boa medida a vida dunha vila que dende hai uns meses soubo........

© Galiciaé