Elevar o pobo desde a arte
Nunca deixan de deslumbrar cando te achegas ao seu labor. Aínda que penses que sabes moito deles sempre hai un recuncho que explorar, un aspecto que non sabías do seu traballo que cando te enfrontas a el segues recoñecendo o seu talento ao tempo que descubres algo novo que, desta vez, no caso de Xosé Lodeiro, vén do seu traballo na técnica do gravado que ata o 13 de xuño podemos visitar e descubrir, ou volver a ver, para os que xa o coñezan, no MUGART, o Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital en Ribeira.
Nese espléndido espazo, no que se garda unha das mellores coleccións de gravado do mundo, a obra de Xosé Lodeiro nos ofrece unha nova mirada ao seu xenio, deixando a un lado (aínda que non de todo) as súas fascinantes paisaxes pictóricas, as súas bandas de cor para conter dende a emoción un territorio como ao que se asomaba dende a ría de Vigo, e así é como descubrimos o seu facer como gravador, a través do linóleo, a xilografía ou a serigrafía.
Unha exposición que vén a conmemorar o trinta aniversario do seu........
