A volta ao día en 80 flores
Escribe Julio Cortázar en su ‘A volta ao día en 80 mundos’ sobre literatura, música, arte ou afeccións, como a de tocar a trompeta, en definitiva, sobre as cousas importantes que nos emocionan e motivan tendo todas elas cabida nun mesmo día. Belén Padrón establece así un fío co xenial 'Cronopio'para a partir do título escollido para a súa exposición, amosar a relevancia da beleza dun instante, do amor e das emocións compartidas cos seres queridos a través de compartir unha flor ou un ramo.
Son, precisamente, estes motivos vexetais os que cada vez máis ocupan o facer artístico de Belén Padrón, cada vez máis firme nas súas propostas dende a natureza como escenario elexido para desenvolver un programa cheo de imaxinación e inspiración, capaz de envolver ao espectador, ao punto de incorporalo a uns cadros nos que a figuración está ausente converténdose el mesmo en parte desa narratividade que tamén se pode atopar en quen desenvolve un interesante traballo no eido da........
