A emoción dun instante
NON É SINXELO atopar un contexto onde triunfe esa frase de ser profeta na propia terra. Acostumados como estamos a que as loas e gabanzas cheguen de onde un non é, doutras latitudes que adoitan máis valorar o feito que a de onde un mesmo procede. O Concello de Marín leva varios anos rebelándose ante esa situación e propoñendo unha homenaxe anual que consta dunha exposición e a edición dun catálogo na que se resuma e condense o feito por un creador ou creadora dese concello marcado cun longo protagonismo no mundo da arte con nomes tan sobranceiros na nosa plástica como os de Villafínez, Manuel Torres ou Antón Sobral.
Este último nome é o que coordina este emocionante proxecto no que o recoñecemento e a entrega da veciñanza mídense con calquera proposta artística emerxendo unha confluencia que o que fai é que o orgullo da comunidade se transmite a ese artista que moitas veces ao longo da súa traxectoria pode que non se sinta de todo valorado. Nesta ocasión o recoñecido como Artista Marinense do........
