A eirexa do amor
Sempre son unha beizón para a nosa escrita os títulos cos que Francisco X. Fernández Naval cada certo tempo nutre ao noso sistema cultural. Desta vez tocoulle á poesía e así é como xa podemos gozar con ‘Val tan doce e sombrío’, editado na colección de poesía Tambo, da editora Kalandraka, na que supón unha estremecedora achega á relación coa súa nai, dende ese sentido de indefensión de quen vai atopando eivas e enfermidades que complican á vida, ao tempo que converten a relación cun fillo nunha sorte de fío de espiño que suxeitar facendo fronte á dor do que acontece, ao tempo que permanece, como permanente tensión, o devezo dun amor inesgotable que é o que nutre este itinerario poético.
O talento de Fernández Naval convértese no tremor que se transmite en cada páxina á hora de afrontar a descripción dese tempo que comparten unha nai e un fillo, xuntos, atravesando por ese desfiladeiro cara o val onde o tempo xa non existe. Mentres, ese tempo é un dos grandes protagonistas ao........
