Testamentos en farsi
Desde o comezo da década, o cinema iraní vén expoñendo os conflitos do seu país e que padecen gran parte do seu pobo, por non dicir todo. As protestas que chegan a nós milleiros de quilómetros lonxe son vistas entre visos no propio territorio. A mirada, fonte básica de coñecemento, é sesgada con bisturí social, relixioso e represivo.
A literatura do país persa atópase na mesma situación que o cinema, pero son os seus directores quen acaparan maior prensa. Ambas as artes comparten un dos sinais que deixan a censura e a opresión: o lirismo. A poética coa que Abbas Kiarostami amosaba o suicidio do home e o amor ante a imposibilidade de vivir rematou. O poder esquece que os versos teñen unha métrica e despois da rima, chegan as revoltas.
O pulso entre medo e liberade queda patente na tensión familiar que Mohammad Rasoulof filmou en ‘A semente da figueira sagrada’. Logo de varias penas de cárcere polos seus anteriores traballos, o cineasta recibiu a sentenza de oito anos de prisión, latigazos e unha gran multa debido a este retrato dos fogares sumisos e a tiranía do patriarca.
O deber dunha xeración é o motivo de alzamento da seguinte. A paz acádase grazas a ese acougo da rabia. Se este tándem é interrompido, o estourido posterior........
