Novas perspectivas
A Guerra Civil española é unha ferida de país que non deixa de sangrar a pesar de que imos camiño de celebrar o seu centenario. É normal que aconteza, xa que a dereita e a extrema dereita aínda non asumiron o xiro dado pola esquerda con José Luis Rodríguez Zapatero, quen fixo da memoria histórica un eixo ideolóxico do seu goberno e lembrou unha dura realidade que segue a ser tan certa agora como hai vinte anos: España é o segundo país con máis desaparecidos a causa dunha guerra, só por detrás da Camboia de Pol Pot. E, por certo, o meu concello, Becerreá, segue sen reivindicar como se debe a figura do noso alcalde democrático, Sindo, asasinado polos fascistas e, moi posibelmente, soterrado moi lonxe do seu fogar, en Vilarraso, preto de Montesalgueiro.
Cada pouco saen libros sobre o tema, pero había tempo que non chegaba ás librarías españolas —e, agardemos, axiña ás internacionais—........
