Monumento
EXISTE un tópico sobre a literatura portuguesa destes que é gracioso porque —con todos os nosos respectos a Miguel Torga, Saramago, Lobo Antunes e, sobre todo, a miña adorada Sophia de Mello Breyner— é certo: que os catro mellores escritores do seu século XX son Alberto Caeiro, Ricardo Reis, Álvaro de Campos e Bernardo Soares —escollan a orde que desexen—... e todos, como é ben sabido, eran a mesma persoa de carne e óso, o inmenso Fernando Pessoa, que segue a saudar sentado no centro de Lisboa, a uns pasos das varias e magníficas librarías do Chiado, lugar de peregrinación imprescindíbel para os feridos polas letras.
Hai case que un lustro saíu en inglés unha xigantesca biografía de Pessoa debida á pluma de Richard Zenith. Os fanáticos do mellor poeta do século XX –escusen a provocación– lanzámonos sobre ela como voitres e cumpriu todas as nosas expectativas. O........
