Adicto
SEMPRE que me toca ser titor na Secundaria, o meu traballo principal, pido ao Departamento de Orientación que me deixe facer unha charla sobre as drogas e as adiccións. Se atendo aos comentarios dos pícaros, é a clase que máis éxito adoita ter en todo o curso. Supoño que ten un efecto distinto a cando este tipo de informacións as transmiten as autoridades e as familias, que son a verdadeira chave do asunto.
Vivimos nunha sociedade de adictos, non necesariamente ás drogas, aínda que nestas semanas haxa varios ensaios sobre o tema nas librarías españolas —podemos salientar ‘Kilo’ ou ‘Biografía dun gramo’—. No cruzamento entre os dous temas atópase ‘En el reino de los espíritus hambrientos’, un amplo ensaio do psicólogo húngaro-canadiano Gabor Maté, máis coñecido por estes lares polos seus........
