menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Loros disecados que inspiran a Flaubert

11 0
tuesday

CANDO me acheguei  a saudar a Xesús el estaba ao teléfono.Colgou cun xesto nervioso e educado. "Estaba falando con Xerardo Quintiá", dixo. Lamentei perder a ocasión de felicitalos de vez polo seu libro de conversas que publicaron en Xerais, 'Tempo de correspondencia'.

Xesús e máis eu coincidiamos en roldas de prensa cando exerciamos o xornalismo cultural en Lugo. A nosa xeración cambiou de póla ou xubilouse. Penso en Manuel Veiga, Antón Lopo, Ana Romaní e Camilo Franco.  Somos un páramo.

Foi el quen me falou de Julian Barnes, Princesa de Asturias desde esta semana. Hai dúas de Barnes que me gustaron destacablemente. 'Arthur and George' (2005) , que fora traducida por el para Rinoceronte. Non sei onde o teño. Recordo as tapas verdes e o deseño escandinavo do volume: liso e sinxelo.

A obra está protagonizada por Arthur Conan Doyle, o creador de Sherlock Holmes, e por George Edalji, un avogado novo de orixe hindú. George é condenado por un crime que non perpetrou. A novela, baseada nun caso acontecido, ten paralelismo co caso Dreyfus. O militar francés de orixe xudea Alfred Dreyfus foi acusado de espiar para os alemáns. Padeceu o sinalamento entre 1894 e 1906. Émile Zola arriscouse a defendelo na prensa co indignado 'Eu acuso'. Sinala o antisemitismo da sociedade. Neste caso,........

© Galiciaé