A enfermidade e a pobreza, por privado
ESE DOCUMENTAL está baseado en un libro da escritora Linda Rosenkratz no que conta unha longa conversa que tivo co fotógrafo Peter Hujar (1934-1987) na casa del en Manhattan en 1974, cando as rúas da cidade estaban ocupadas polas obras de arte e os cubos de lixo.
A Linda Rosenkratz gustáballe falar. O primeiro que publicou foi 'La charla' (Anagrama). Reúne tres amigos nunha praia da cidade no verán de 1965. Gravan o seu diálogo. O trío fala de sexo —promiscuidade, ménages à trois, masturbación, sadomasoquismo...—, de drogas —unha experiencia co LSD—, de cultura —Scott Fitzgerald, Proust, Allen Ginsberg, Bob Dylan...—, de psicanálise e do mundo artístico no que os tres se moven, a Nova York de Warhol, Susan Sontag, o expresionismo abstracto, as festas interminables... A obra foi un éxito.
Rosenkratz busca repetilo. Piden a amigos creadores que anoten a súa rutina dun día calquera, o 18 de decembro de 1974. Peter Hujar, un deles, ignora a petición. A autora vai, xa que logo, á súa casa para que trate de recordalo. Hujar lembra que tivo unha conversa con Susan Sontag. A pensadora prologoulle 'Portraits in life and death', que combina retratos do círculo creativo underground de Nova York da altura con fotos das momias que están nas catacumbas de Palermo. Era o amencer da........
