menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O láser máis potente

32 0
06.05.2026

Paul McCartney, cando lle dá por reclamar o mérito de ser o primeiro en facer aquela ou estoutra modernidade, sempre bota o conto de ir disfrazado a un concerto —e iría con perruca, lentes escuros e bata longa, como tódolos famosos— e ver un espectáculo de luces. A xente, di, corría pisando aos demais, subía por encima das cabezas, intentaba esquivar os raios. Daquela, primeiros 70, iso do láser era o que usaban os malos de James Bond para queimar as vítimas e tronzar pola metade ao axente secreto británico, que estaría inmobilizado nunha mesa de veterinario en plan martirio do Santo André.

McCartney é un excelente narrador oral. Paga a pena escoitalo, con ese acento intacto de rapaz obreiro de Liverpool, criado entre as ferruxes do porto e as vías abandonadas do tren. Garda ese aquel do que aprendeu a falar cos vellos. Cousa dun certo mérito en alguén que leva sendo inmensamente rico e famoso dende literal os vinte anos; e que pasou en cuestión de meses vivindo en puticlús de Hamburgo, recitando a Walt Whitman para impresionar aos mariñeiros, a ser case o centro do mundo. Anos despois aquelas moreas de cartos........

© Galiciaé