Carta de amor a la provincia de Ourense
PENSAMOS QUE viñan por nós: ese foi o momento de pánico cando anunciaron que ían suprimir as comarcas. Co revolto que anda o mundo, que andan a secuestrar presidentes e lles cambian de chándal vinte veces como se fosen os cantantes de Panorama, que nos anexionan as estremeiras, pois parece toda estremonía sexa posible. Xa viamos formar aos 'einsatztruppen', que para iso e para comer nunca faltan voluntarios, e veña, a baleirar o rural así polas bravas. Sabemos pola Historia que comezan por non arranxar as fochancas que o temporal deixou na estrada e logo ves que te meten nun camión —porque nin tren haberá— rumbo a Kolimá.
O estremo oriental de Galicia non mete tanto medo como a Siberia, máis que algúns europeos en Valdeorras discrepen desta opinión. Nos tempos das purgas había quen daba escapado dos 'lagers' e ía esfameado pola taiga buscando sabe Deus que, xente que non coñecese a Stalin; pero nas aldeas a xente nunca foi parva e como daban pola cabeza dos prisioneiros medio saco de patacas e unhas entradas para o Land Rover, pois mataban a quen vían despistado e logo xa tal preguntaban. Morreron desa maneira un feixe de científicos, cartógrafos, enxeñeiros,........
