República e What If...? (I)
«Xogo de salón»; «disolución da responsabilidade histórica»: velaí algunhas das críticas en relación ao quefacer daqueles autores -Niall Ferguson, Ernest Nagel, John Keegan...- que se encadran dentro da denominada «historia contrafactual», «historia alternativa» ou aínda historia do «What If...». En todo caso e, como sen dúbida han de coñecer bastantes/moitos dos, sempre moi amables, lectores destas crónicas semanais -que hoxe retornan, nos días finais do verán-, trátase dunha corrente que se vén formulando, na súa consolidación académica moderna, nos anos 80 e 90 do pasado século e, de forma singular, no ámbito do Reino Unido. Mais sen entrar agora no debate arredor da súa conveniencia/desconveniencia, cómpre precisarmos con todo que, lonxe da pura especulación, da ucronía literaria/artística..., o «What If...» parte sempre desde un punto de diverxencia entre o acontecido real e mais esoutro que, alternativamente, puido ter lugar. Expresado doutro xeito: un escenario contrafactual só é válido, daquela, se ten alicerce nunha opción que si foi contemplada, planificada... por xentes da época na........
