Mouros e cristiáns
Esencialmente no Levante español (Alcoi, Caravaca de la Cruz...) pero asemade noutros ámbitos da península Ibérica (Cataluña, Portugal...), de Europa, América ou Asia (Italia, Guatemala, Flipinas) e aínda tamén entre nós (A Franqueira, Rastriz da Veiga; lean Vdes. o traballo aos efectos da autoría do etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo) como sen dúbida han de coñecer dabondo os, sempre moi amables, lectores, velaí que a celebración de festas de mouros e cristiáns constitúe todo un espectáculo senlleiro no que nunca faltan desfiles, músicas e bo humor. Porque pouco importa que a orixe de tales eventos alicerce nas loitas habidas durante o período que habitualmente designamos como a Reconquista. O que agora interesa é que ao final da efeméride os uns e mais outros, todos e todas acaban compartindo mesa e manteis. Así, a memoria das guerras pasadas transformouse, felizmente, en festa e divertimento a esgalla.
«¡Musulmán el que no bote!» Tal semella, no entanto -a xulgar polos berros que houbo que oír hai uns días, durante un encontro........
