A Lúa de D. Donald
«Fly me to the moon (...) Let me see what spring is like/On Jupiter and Mars» («Lévame á Lúa (...) Déixame ver como é a primavera/en Xúpiter e Marte») afinaba, a mediados dos 60 do pasado século, o gran Sinatra. O tema foi asociado -data de dez anos atrás- co programa espacial Apolo, por ben que, en realidade, os versos traten da emoción de vivir un idilio e do afán por evadirse, en compañía da persoa amada. No entanto, e tal e como andan as cousas por Washington D.C. e arrabaldes adxuntos, non sería de extrañar que calquera día destes Mr. Donald Trump xure, contraxure e perxure que o sentido das estrofas e corcheas non vén ser outro máis que o dunha chamada dos astros por el mesmo: e é que o emperador cósmico considera que todos, así terráqueos como aliens, deberiamos pasar as horas cantando sen cesar hosannas ao seu mandato.
«Vale, de acordo co de Trump, pero... : para que retornan agora os americanos á Lúa? e, xa postos: por que foron aló en xullo de 1969? Ou, mellor aínda: de veras que viaxaron naquela data? Era posible arribar coa tecnoloxía da época? E por que demoraron,........
