A lóxica de Palas
O Mosteiro do Carboeiro, en Silleda, no corazón do Trasdeza, é unha desas xoias inesperadas. A igrexa, do románico serodio, sorprende coas bóvedas de cruzaría e o pórtico principal. Neste tamén -á semellanza co Pórtico da Gloria compostelán- cos anciáns do Apocalipse ollando para os mortais desde o alto. Trala restauración, iniciada a finais do século pasado, somerxerse no medievo é ben fácil. Só ten un pero. Só un. Carece de electricidade.
Si, non é broma. Podería defenderse este anacronismo por conservar a esencia do lugar, pero nada máis lonxe: a menos dun quilómetro está o viaduto do Deza, un mamotreto constituído por unha ducia de xigantescos piares de cemento para liña de alta velocidade. Así........
