menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Rubor e anoxo

22 0
26.07.2026

A vergoña allea consiste en sentir nós a vergoña que deberían sentir outros polo seu comportamento. É esa calor incómoda que aparece sobre todo na cara cando alguén se comporta dun xeito impropio, esaxerado ou ridículo, especialmente se o fai cando cabería agardar o contrario. A psicoloxía relaciónaa coa empatía social: sufrimos porque imaxinamos o apuro que debería sentir o protagonista dunha situación esperpéntica.

No meu caso, os peores momentos de vergoña allea débense ao dito ou feito por representantes públicos. Supoño que por sentir que estaban avergoñando ás institucións que representaban.

Hai pouco sentín vergoña allea, e moita, ao ver o periplo de Isabel Díaz Ayuso por México. Non é que descoñeza as formas e o fondo da presidenta da Comunidade de Madrid, pero nesta ocasión foi avergoñarnos a outro........

© Faro de Vigo