Recompensas equivocadas
A finais dos anos 70, un prestixioso investigador en IA, Douglas Lenat, comezou o desenvolvemento dun programa chamado Eurisko que utilizaba para tomar decisións o que en intelixencia artificial se coñece como heurísticas.
As heurísticas son regras prácticas, moitas veces de sentido común, que serven para valorar as mellores opcións —polo menos aparentemente— cando hai un conxunto moi grande de posibilidades entre as que escoller e non se poden analizar todas en detalle ou non hai información suficiente para facelo.
Aplicar heurísticas non garante atopar a mellor solución a un problema dado, pero, ben elixidas e aplicadas, adoitan ser unha vía moi eficiente para a resolución de certos tipos de problemas complexos. Por exemplo, aplícanse na procura da ruta que se recomenda cando queremos ir andando ou en coche entre dous puntos. Unha posible heurística para este problema, que expoño só a título ilustrativo, sería que........
