O absurdo do MIR
Os resultados do último exame MIR comparáronse cos obtidos pola IA. A muller que quedou en cabeza acertou nada menos que 188 respostas dun total de 200 preguntas. Aínda así, varios dos modelos de IA de vangarda superárona. GPT-5.2 só fallou 3 preguntas. Isto, evidentemente, non lle resta ningún mérito a ela, salvo que utilizase a IA para contestalas, como si intentou facer outro dos opositores en Santiago de Compostela, ao que pillaron usando as gafas de Meta para este fin. Un cero e para casa, como xusto castigo.
É indubidable o nivel que acadaron un bo feixe de modelos de IA, en sintonía coa mellora no seu coñecemento sobre temas especializados do saber humano. Aínda así, eu non deixaría o futuro da miña saúde e da miña familia en mans dun destes modelos de linguaxe sen mans. Sen dúbida, os seus enormes coñecementos poden ser moi útiles se son ben utilizados por un médico........
