Libros: o diñeiro mellor gastado por vostede
Gumersindo Busto era un emigrante galego asentado en Bos Aires cando comezou, en 1904, a darlle forma a unha idea singular: crear na Universidade de Santiago de Compostela unha institución que reunise o coñecemento producido en América e permitise estreitar os vínculos culturais entre unha e outra beira do Atlántico. O seu propósito inicial era crear outra universidade en Compostela —a Universidade Libre Hispanoamericana—, pero non chegou a callar. Si o fixo a Biblioteca América, que este ano celebra o seu centenario.
Busto mobilizou durante anos institucións, intelectuais e comunidades de emigrantes, sobre todo en Bos Aires e Montevideo, cidades nas que residiu, pero tamén noutros lugares do continente americano. De todas partes comezaron a chegar a Santiago caixas con libros, mais tamén con mapas, moedas, medallas, bandeiras, pezas arqueolóxicas e coleccións de fauna e flora.
Na visita que fixen á exposición A Biblioteca América: un soño........
