IA: carreira ou desbandada?
En 1961, John F. Kennedy comprometeu os Estados Unidos nun proxecto que debía levar un home á Lúa e devolvelo san e salvo á Terra antes de que rematase a década. Non foi simplemente unha aposta tecnolóxica; supuxo construír parte do futuro do seu país. A meta era diáfana e así deuse o sinal de saída da chamada carreira espacial entre as dúas grandes superpotencias da Guerra Fría: os Estados Unidos e a Unión Soviética. Os dous países competían por algo moito máis profundo que o prestixio científico. A conquista do espazo simbolizaba a supremacía tecnolóxica, militar, económica e ideolóxica de dous modelos políticos e de sociedade enfrontados.
A URSS levaba vantaxe. Lanzara o Sputnik en 1957, o primeiro satélite artificial. Despois enviou ao espazo o primeiro ser humano, Yuri Gagarin, en 1961. Pero os Estados Unidos reaccionaron mobilizando recursos científicos, industriais e económicos sen precedentes ata daquela. Hoxe as cousas cambiaron, xa que só ao longo deste ano se agarda que catro compañías —Microsoft,........
