menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

As xubilacións no Sistema Universitario Galego

16 0
27.06.2026

Un clase en la universidad. / Alba Villar

O pulo extraordinario que recibiron os servizos públicos españois nas décadas dos anos oitenta e noventa explica a incorporación dunha xeración numerosa de profesionais á sanidade, á educación e a moitos outros ámbitos esenciais, que ata o 2035 vaise xubilar de xeito moi concentrado no tempo.

A substitución destes profesionais non pode abordarse cunha lóxica exclusivamente contable nin cun calendario de curto prazo. Non abonda con convocar unha praza cando se produce unha baixa e cubrila, se é posible, no menor prazo. Nalgúns sectores, formar un bo profesional require anos, ás veces máis dunha década. E, ademais, as administracións non compiten nun mercado baleiro: compiten co sector privado e, cada vez máis, con outros países.

Dúas áreas ilustran especialmente ben este desafío: a sanidade e o profesorado universitario; a base de dous dos piares fundamentais do Estado de benestar: a sanidade e a educación.

No caso dos médicos, o problema xa está no debate público. Son seis anos de grao e varios anos máis de formación especializada........

© Faro de Vigo