O ego perenne
As frores da margarida dos prados ou «Bellis perennis» (fermosa perenne) / M. Mato
Paréceme un acerto honrar as plantas cos nomes en latín. Pousamos así sobre elas un manto de poesía que noutras linguas sería difícil de conseguir. Margarida dos prados sona pedestre; mais bellis perennis (fermosa perenne) leva música en cada letra e cada fonema. Levita.
Acariñar cos ollos unha paisaxe inzada destas floreciñas fai bombear máis amor no percorrido ao longo do sistema circulatorio. A imaxe chega ao cerebro e, neste, florecen as cores sobre o cuarzo gris dos corpos neuronais.
Se o tempo mo permitise, se a rotación........
