menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

SonDeSeu 25 aniversario

22 0
12.05.2026

Unha das marabillas viguesas do noso tempo é a Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD), iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, na procura da súa evolución e mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. Escola cen por cen municipal, na ETRAD impártense até dez especialidades instrumentais de noso: Música e movemento; Arpa Céltica; Acordeón Diatónico; Canto Popular; Corda Pulsada; Gaita; Percusión Tradicional; Requinta; Violín Folk e Zanfona. Instalada no edificio da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), deseñado por Pacewicz, institución centenaria creada polo filántropo García Barbón, onde se imparten dúas materias de lutiaría, a de Construción de instrumentos musicais de gaita e de zanfona, conformando un espazo extraordinario para preservar e anovar a cultura musical de noso.

En 2009, o concello de Vigo, desde o seu Servizo de Educación, creou a ETRAD coa intención de ensinar, protexer e difundir a música patrimonial galega, dende unha ollada innovadora con selo propio. Consolidou o proxecto educativo do que foi dende 1996 Conservatorio de Música Tradicional de Vigo e dende 2007 foi........

© Faro de Vigo