Portalén
Foi o etnógrafo e escritor Calros Solla, autor do poemario Herba de Vigo (Morgante 2025), quen en 2002, coincidindo co ano Sarmiento, deu conta das trinta estacións míticas do que chamou «Montaña Máxica», entre elas o acervo lendario de Portalén, nos montes Castelo e Seixo, na serra do Cando, localizados entre os concellos de Cerdedo, Cotobade, A Lama, Forcarei e Beariz. Solla documentou con testemuñas orais de cinco petrucios e matrucias, que cando subiron con el ao monte revelaron a existencia no Seixo da «porta do Máis Alá», á que os informantes chamaron «Porta do Outro Mundo», «Porteliña», «Coto dos Chirimelos» ou «Marco da Ventana».
Sería en 2005, no libro Almanaque de encantos. Mitoloxía da Serra de Cerdedo (Ediciones Cardeñoso), cando Solla chamou «Porta do Alén» ou «Portalén» a unha pedreira, ou petouto furado, que imita ao monumento de Stonehenge, quizais pola presencia dunha pedra colocada en difícil equilibrio entre outras dúas coma se dun lintel se tratase conformando un oráculo de Samaín frecuentado pola xente no mes de santos e defuntos. Segundo o relato destas testemuñas alí depositaban pan e viño e abeiraban candeas, xa que aos mortos tamén lles sabía a luz, como tributo........
