O noso estado da lectura
Sei que está cristalizada a idea errónea de que lemos cada vez menos, que nos gustaría contar con máis tempo para dedicalo a esa gozosa lectura de lecer, na que poidamos protagonizar outras vidas e buscar entre liñas, como escribiu Xabier DoCampo, o que hai de min, ou o que hai de nós, entre as súas follas. A lectura é unha actividade individual saudable, ben de textos de ficción e literarios, ben aqueloutra de textos informativos, que en todos os casos require de atención e esforzo para, primeiro, descodificar a escritura; despois, para comprendela e inscribila en contextos significativos; e, por último, para interpretala e elaborar significado.
Botando man de Italo Calvino, sempre didáctico e divulgador, «ler e ir ao encontro de algo que está a punto de ser e aínda non se sabe se será». Xaora, a lectura é hoxe unha competencia imprescindible para toda a cidadanía para participar e vivir en democracia, xa que son constantes as transaccións lectoras e escritas que debemos afrontar para resolver o día a día.
De aí o interese de coñecer cal é o estado da nosa saúde como lectorado. O máis recente informe sobre hábitos de lectura e de compra de libros en Galicia, elaborado pola empresa Conecta para a........
