menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O Celta é pequeno pero chega até as estrelas

24 0
28.02.2026

Grada de Balaídos en el Celta-PAOK. / FdV

Na memoria de Luis Ferreiro Loredo.

Non son moi coñecidos os artigos de fútbol que o poeta Celso Emilio Ferreiro publicou en Faro deportivo en 1963, poucos meses despois da publicación de Longa noite de pedra. Crónicas cheas de humor e retranca como as tituladas «Los prognósticos de don Álvaro», «El fútbol patas arriba», «Goliat y los liliputienses» ou «El Rachapedras foot ball club». Textos nos que, quen fora xogador do Sporting de Celanova, confesa que lle desgusta o fútbol como espectáculo de masas, o que deixou de ser deportista para ser capitalista, o de ser unha diversión dos que o practican para facerse un espectáculo (pagado) dos que o contemplan.

Celso Emilio convertíase con estas opinións nun adiantado das críticas actuais ao fútbol moderno, que resumiu no poema «O hincha», escrito en Caracas en 1972, recollido agora no libro Poemáforos (Lusco fusco edicións 2026), no que coa súa retranca afiada resume que a felicidade do seareiro consiste apenas en «berrar gol entre a mesta moitedume». Xaora, para ser xustos co noso admirado Ferreiro, no mesmo libro aforístico cita o verso de Vladimir Mayakovsky, «a felicidade está onde non estamos», o que me leva a acreditar no celtismo inequívoco do poeta........

© Faro de Vigo