Festa do orgullo
A raíz do artigo no que citaba os desfiles do «Destornillo de Peritos», unha boa amizade lembroume a importancia que tivo en Vigo, e continúa tendo, o «anfiteatro de Urzaiz», durante o medio século último, protagonista nas coleccións dos nosos fotoxornalistas contemporáneos como Magar, Cameselle ou Vitín de las Heras. Os momentos estelares da cidadanía, dende as conquistas dos dereitos e das liberdades, pasando pola reclamación do autogoberno para Galicia e a dignidade de Vigo como cidade que o lidere, durante o período da Reforma Política até a defensa meduliana dos postos de traballo industriais nos anos máis duros da reconversión, a reclamación da paz e o nunca máis da entrada deste século, dirimíronse todos nestas arterias do Vigo revolcado e rebelde comprendidas entre Urzaiz á Porta do Sol ou as Avenidas.
Abonda consultar a cronoloxía viguesa para comprobar que o Vigo actual nunca perdeu músculo cívico. Velaí aqueles primeiros saltos obreiros na Porta do Sol, na folga de setembro de 1972. Eis a contundente resposta da mañá do 4 de decembro de 1977, na maior manifestación da historia da cidade, reclamando autonomía para Galicia; reivindicación continuada pola tarde en........
