menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Avelino Rodríguez Elías cronista

24 0
08.09.2026

O 9 de setembro de 1936 o xornalista e cronista oficial da cidade, Avelino Rodríguez Elías e a súa familia, a súa muller María Miguélez e os seus catro fillos xa maiores de idade, embarcaron no transatlántico alemán Monte Pascoal camiño do porto de Montevideo. Seis billetes polos que pagaron 4.000 pesetas e salvaron a vida de quen fora detido e trasladado ao Frontón de María Berdiales, improvisado cárcere, no que tamén estaba recluído Manuel Lustres Rivas, o seu compañeiro de redacción de FARO DE VIGO, xornal no que traballaba dende 1904 e do que era redactor xefe, empresa que o 26 de agosto emitiu apenas unha nota lacónica anunciando a baixa dos seus redactores. Elías tivo mellor fortuna ca Lustres, paseado o 10 de novembro, grazas a contar coa axuda de José María Perelló, cónsul de Uruguai en Vigo que, tras oito días no Frontón, convenceu a Felipe Sánchez de que liberase a Elías, que era daquela cónsul de Paraguai en Vigo, para evitar así un conflito diplomático. Perelló acabou levando a Elías a súa casa, onde agardaría con temor a arribada do buque procedente de Hamburgo, no que abandonaría Vigo, a súa patria amada, á que nunca máis regresaría.

Avelino Rodríguez Elías........

© Faro de Vigo