Perder o tempo
Ás portas da semana do final do curso 2025/2026, o mundo muda a súa configuración. As crianzas están a piques de despedirse das aulas ata setembro. Nesa despedida haberá unha mestura de euforia e pena. Porque hai compañeiros e compañeiras a quen non volverán ver ata setembro e, na infancia, dous meses e medio semellan unha eternidade. Os campamentos de verán, o tempo de convivencia cos avós e a palabra vacacións adquiren forma real; xa non son un ente abstracto. Xa están case aquí.
Impresióname lembrar esa sensación de tempo suspendido que nos acompaña na infancia, cando os veráns non rematan nunca e nunha tarde podes xogar a dez cousas diferentes, enfadarte, chorar, rir, escoitar música, poñer un par de vídeos, volverte enfadar, merendar e nin sequera sorprenderte de que aínda falten unhas horas para o solpor.
Para unha crianza de cinco anos, un ano representa o vinte por cento da súa vida. Para unha persoa de cincuenta........
