Ollo cos portais
Cacharela na noite de San Xoán / Gustavo Santos
Cando era nena, ademais da profunda fascinación que me provocaba a noite de San Xoán, acompañábame o medo a que nos roubasen o portal da casa. Fantasiaba en como reaccionarían os meus pais ante semellante falcatruada. Preguntábame se sairíamos no coche a patrullar a parroquia, ou se esa procura do portal roubado sería a pé, atravesando campo e monte. Que se fai cun portal roubado? Onde se agocha? E o máis importante: para que quere alguén roubar un portal?
Contáballe esta tradición hai uns días a unha persoa da capital que, ante tal relato, optou por fitarme con cara de sardiña. Xamais oíra semellante cousa. Fixen algunha broma ao respecto de que, sendo a que vai do 23 ao 24 de xuño a noite máis curta do ano, é tamén a máis propicia para abrir a porta a este tipo de trasnadas populares. E, quen sabe, quizais teña algunha relación co........
