O Día das Letras Galegas (non) en Vigo
Begoña Caamaño, no 2013. / Xoan Álvarez
Que ilusionada está a miña filla —6 anos— co Día das Letras Galegas. Sobre todo coa obra de teatro que están a preparar na escola que, se lle entendín ben, é unha adaptación da obra de Ramón Romero Nogueira «A abelliña que perdeu as ás» —moi fermosa, por certo—, e ata aquí podo contar para non facer spoiler, que logo rífanme. Anda ela contenta e contentos andamos os pais da criatura pola paixón da nena por unha lingua que na casa non escoita tanto como debería —como xa escribín hai un tempo: estamos traballando para remedialo—, pero si nas dos avós. De feito, o seu avó paterno aínda me dixo o martes que «o galego é o máis fermoso» que ten Galicia… despois dos seus netos, claro.
Pois anda a cativa practicando as súas frases —sábeas de memoria—, a entoación, os xestos, para cravar o........
