O mellor verán que pasamos
Nenos xogan nunha fonte en Ourense / Alán Pérez
O ano comeza en setembro, tralas vacacións, co regreso ao traballo, e remata ao chegar o verán, o final do ciclo, o principio dun tempo distinto. Cos propósitos de outono, cando xa devece a luz, todos os verbos se conxugan en futuro. «Farei»; «deixarei»; «serei» son formulacións cunha certeza inventada. O tempo en condicional daríalles o sentido apropiado. Cando volve o verán retorna o pasado, condicionado por unha mirada de nostalxia, máis xenerosa co que tiñamos, coas persoas que un día fomos.
O verán cheira a descanso e vacacións, aínda que non poidamos........
