menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Unha aperta emocionada

19 0
08.03.2026

Unha sentida aperta dun espectador no FIL de Guadalajara, en México. / FDV

Sentado diante da fiestra celebro o sol que, por fin, aparece tras corenta e sete días de chuvia e escuridade. Talvez sexa unha tregua curta, pero permitiume dar o primeiro baño de febreiro. Felices, as ondas de Samil recibíronme coa ledicia acostumada porque saben que amo fondamente o mar: ese espazo único que me deixa interiormente acougado.

Necesitábao. Non esquezamos que o mundo está a volverse tolo. Ou mellor dito, somos nós os que facemos que atinxa un grao de insensibilidade que asusta.

Despois desas lamentables eleccións en Extremadura e Aragón, en que a ultradereita segue a subir de xeito incomprensible, aparece no meu pensamento un home singular, con quen intercambiei libros: José Antonio Labordeta. Que sentiría agora mesmo este loitador por un Aragón máis xusto, máis libre, que tanto se esforzou por combater os tópicos dunha terra tan castigada pola pobreza rural?

Collo, pois, un disco,........

© Faro de Vigo