menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Buscar razóns para emocionarse

28 0
05.04.2026

A xornalista Noa García e o escritor Jordi Sierra, no Club Faro o pasado 18 de marzo / Pedro Mina

Un busca ao seu redor razóns que o axuden a respirar aire limpo e que o poidan emocionar. Un desexa escoitar os latexos do corazón por algo que o faga ilusionarse. Un precisa de sinais positivas que lle permitan asumir as contradicións nas que vive. Un, en definitiva, desexa sentir que as bágoas, que percorren os rostros da xente, abrollan máis pola ledicia dalgún feito que pola dor que padecen as persoas.

E non me resulta doado percibir este sentimento perante a falta de empatía e pola miseria humana que boa parte dos dirixentes –a todos os niveis– posúen, cando os seus obxectivos son o negocio, o matonismo, a falta de escrúpulos, a indecencia e os masacres producidos para acadar os crueis obxectivos que perseguen.

Malia todo, ás veces descobres feitos que te conmoven e que che permiten crer no ser humano. E, en moitos casos, teñen que ver coas artes, tan menosprezadas polos poderes públicos.

Este é o........

© Faro de Vigo