Nós mais vós
Hai bos e xenerosos na nosa terra. Creo, sinceramente, que ata abundan. Son tantos que ao mismísimo Manuel Fraga, caricaturistas debuxábano reclamando sacos de medallas para podelas entregar por feixes. Pero, como se adoita dicir, todas as moedas teñen o seu reverso, e á beira dos moitos méritos da maioría, agachan os do carácter retorto. Non é unha mera cuestión ideolóxica.
Nunha ocasión, cheguei a propoñerlle ao Petrucio a celebración dunha solemne cerimonia de retirada de Medallas. «Que me di», espetoume o León de Vilalba cos ollos abertos. Imaxíneo, don Manuel, vostede con Dositeo Rodríguez, conselleiro da Presidencia daquela, reúnen nunha magna sala en San Caetano a todos os medallistas de Galicia, engalanados coas súas preceptivas condecoracións. Nisto que o chambelán vai chamando ao estrado, ditaminando que «decaeron por........
