menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galicia ante o reto de vivila: crecer sen perderse

14 0
10.04.2026

Comparto mesa e mantel cun vello amigo, Pepe Moreiras, eminente sabio, oftalmólogo de recoñecida fama internacional, experto en vidas e afáns, implicado na atención á epilepsia por vocación humana. Incorpórase outro Pepe, Barrola. Falamos de gastronomía, de viños, de turismo —desfago algúns mitos, «portomeñadas», sobre os que xa abondarei—. E, no fondo, falamos da Galicia que se debate nas rúas e, algo menos, no Parlamento; de España, da distancia inaceptable entre certa insensibilidade política e os problemas reais de empresarios, hostaleiros, médicos, autónomos…; dun mundo lunático e guerreiro que, na lonxano, vólvese rubio, turbio, dramático, trampista, case insufrible.

Preferimos volver aos temas da terra, pisar o chan na mesma Rúa do Franco, mentres por ela circulan estudantes, composteláns, visitantes, peregrinos e non tantos turistas —semella que, circunstancialmente, a afluencia baixou máis dun 30 %—; tamén pasea algún congresista despistado.

En Galicia xa non cómpre mirar moi lonxe para percibir un cambio profundo. Abonda con sentarse nunha terraza de Santiago, pasear polo centro da Coruña, intentar alugar en Vigo ou perderse polas........

© Faro de Vigo